TE LO TOMO PRESTADO II. O EL E A ELA



Había unha vez un el que era todo noite.
Sombra de sombras, paso solitario,
moito camiñaba as noites para atopala.

Había unha vez unha ela que era todo día.
Destello de trigo, danza clara,
moito camiñaba os días para atopalo.

Moito buscaban o el e a ela.
Moito perseguía a noite ó día.
Sabedores estaban o el e a ela de que
a búsqueda non se encontraba.

Parecía que non, que imposible,
que nunca, que xamais...

Entón chegou a madrugada,
para el, para a ela.

Por sempre xamais.

No comments: